Actualidade Playing Hard, o documental de Netflix sobre For Honor

Playing Hard, o documental de Netflix sobre For Honor

Aínda que tivo un comezo difícil, Ubisoft conseguiu salvar For Honor de caer en desgraza. Todo aquel que queira saber máis sobre o seu desenvolvemento e posúe unha conta de Netflix pode comezar a sorrir. Playing Hard é un completo documental cunha duración de hora e media que narra todo o proceso creativo deste título. Catro anos de xestación dentro das oficinas da compañía francesa.

A documental conta coa aprobación da propia Ubisoft e amosa as dificultades técnicas e de produción que comporta a concepción dun xogo triplo A como o logrado por Jason VandenBerghe, director creativo, Stéphane Cardin, produtor, xunto ao resto do equipo de traballadores.

Os creadores da peza audiovisual comentan que «nunca antes unha gran compañía de videoxogos abrira as súas portas así, outorgando total independencia, a un equipo de rodaxe». Resaltan que este non é produto creado pola propia empresa francesa, xa que esta non participou de ningún modo na súa montaxe final, e que mesmo lles prohibiu a entrada ao estudo durante unha etapa da produción.

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] estreouse en Netflix un documental independente sobre todo o proceso de desenvolvemento de For Honor co nome de Playing Hard. Continúa así, o […]