PlayStation 5 acumula xa 10 millóns de unidades vendidas

PlayStation 5 acumula xa 10 millóns de unidades vendidas

Sony acaba de facer público un informe cos resultados financeiros obtidos durante o primeiro trimestre do actual ano fiscal, é dicir, do 1 de abril ao 30 de xuño de 2021. E si, é positivo. As vendas das súas consolas seguen aumentando, xa sexan estas de PlayStation 5 ou de PlayStation 4.

O informe simplemente confirma o que Jim Ryan, CEO de PlayStation, xa anunciou hai apenas uns días: que levaban máis de 10 millóns de consolas de nova xeración vendidas en todo o mundo, o que supón a venda de 2,3 millóns de unidades nos últimos tres meses.

Pola súa banda, PlayStation 4 continúa a súa vida e o seu camiño, ao vender medio millón máis de sistemas este trimestre e situarse nos 166,4 millóns de unidades colocadas polo globo.

A nivel software, a venda de videoxogos segue a ser un negocio redondo para Sony, que despachou 63,6 millóns de títulos. Malia seren cifras astronómicas, supoñen un descenso importante se son comparadas coas do ano pasado, no mesmo lapso temporal, no que foron vendidos 91,4 millóns de xogos.

Sexa como for, aparece un dato interesate ao comprobarmos que deses 63,6 millóns, 10,5 corresponden a títulos first-party. Ademais, o 71 % das vendas realizáronse de xeito dixital.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados