Actualidade PlayStation Classic xa está a menos de 20 dólares nos Estados Unidos

PlayStation Classic xa está a menos de 20 dólares nos Estados Unidos

A estas alturas da película é imposible non falar de fracaso cando pensamos en PlayStation Classic. A consola de tamaño reducido de Sony naceu como unha homenaxe a aquela máquina dos anos 90 que se colocou como un dos maiores fitos da industria do videoxogo, pero o seu elevado prezo de saída así como as enormes carencias do seu catálogo provocaron unha caída en picado do seu prezo en todo o mundo.

Por primeira vez, nos Estados Unidos, poden acharse modelos a menos de 20 dólares. O seu prezo de lanzamento foi de 99. En menos dun ano, o seu valor reduciuse un 80 % polo tanto.

Na península, Amazon España chegou a ter modelos a 26,99 euros, como por exemplo esta última noite grazas ás ofertas do Amazon Prime Day. Vendidas esas unidades, podes atopar ofertas sobre os 40 euros.

A listaxe dos 20 videoxogos que inclúe é a seguinte:

  • Battle Arena Toshinden™
  • Cool Boarders 2
  • Destruction Derby
  • Final Fantasy VII
  • Grand Theft Auto
  • Intelligent Qube
  • Jumping Flash!
  • Metal Gear Solid
  • Mr. Driller
  • Oddworld: Abe’s Oddysee®
  • Rayman
  • Resident Evil™ Director’s Cut
  • Revelations: Persona
  • Ridge Racer Type 4
  • Super Puzzle Fighter II Turbo®
  • Syphon Filter
  • Tekken 3
  • Tom Clancy’s Rainbow Six
  • Twisted Metal
  • Wild Arms
Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *