PlayStation desminte que graven os chats de voz en PS4 e PS5
A actualización 8.00 de PS4 está a levantar suspicacias entra a comunidade de xogadores. Polo que parece, un aviso de Sony advirte sobre un cambio nas políticas de privacidade, xa que a partir de agora as conversacións de voz poderán ser gravadas e enviadas ao soporte da compañía para a súa posterior moderación.
Son os propios xogadores os que deben enviar ditas conversacións, polo que foron numerosas as preguntas realizadas sobre esta cuestión. Foi PlayStation UK a encargada de aclarar esta información, xa que aseguran que «a mensaxe avisa de que outros usuarios poderían estar a gravar as conversación. Nós non gravamos os chats de grupo».
O aviso de PlayStation non ten validez na actual xeración de consolas, pero si que será unha funcionalidade dispoñíbel para PS5. Por tanto, haberá que esperar até o 19 de novembro para comprobar a utilidade desta ferramenta.
Hello! The notification advises you that other users may be recording your voice conversation. We do no record party chats. ^PS
— Ask PlayStation UK (@AskPS_UK) October 14, 2020