PlayStation logra pechar a compra de Housemarque, reponsábeis de Returnal
PlayStation Studios ten un novo membro. Housemarque, o estudio responsábel de Resogun, Nex Machina e Returnal, traballará en exclusiva para Sony a partir deste intre. A compañía xaponesa adquiriu o estudio finés nun movimiento lóxico e interesante, sobre todo se pensamos no bo recibimento que tivo o seu último xogo—exclusivo da máquina branca—.
Dalgún xeito é imposible non ver esta compra como unha resposta de Sony a Microsoft perante a expansión de Xbox Game Studios, que conseguiu nos últimos anos fichar varios nomes de enorme prestixio: Bethesda, Rare, Obsidian, Playground Games… Pola súa banda, PlayStation conseguiu materializar, hai xa un ano e pico, a fichaxe de Insomniac Games, compañía detrás de obras de enorme relevancia como Ratchet & Clank ou Marvel’s Spider-Man.
Estamos moi emocionados de unirnos finalmente á familia de PlayStation Studios! Isto dálle ao noso estudio un futuro claro e unha oportunidade estable para continuar ofrecendo enfoques centrado no xogo, namentres seguimos a experimentar con novos métodos de entrega narrativa e ampliando os límites desta forma de arte moderna. A nivel local, aquí en Helsinqui, isto tamén significa que expandiremos oficialmente á familia PlayStation a un centro industrial en crecemento e aseguraremos o legado do estudio de videoxogos máis antigo de Finlandia. Ilari Kuittinen, cofundador de Housemarque.




