PlayStation Network sofre problemas de conexión a nivel mundial

PlayStation Network sofre problemas de conexión a nivel mundial

As compañías de videoxogos están a experimentar grandes récords de tráfico nos seus sistemas de xogo en liña durante a crise do coronavirus. Steam acadou un novo máximo histórico de usuarios na plataforma pero parece ser que PlayStation Network non puido resistir a cantidade de conexións. O servizo en liña de PlayStation sofre problemas desde hai horas.

Os usuarios de PS4 reportaron dificultades para conectarse e Reddit comezou a encherse de fíos con queixas dos erros após iniciar sesión ou deespois de xogar un título. A web oficial de PlayStation confirmou que estes problemas existen e que involucran principalmente a iniciar xogos, aplicacións ou a conexión entre grupos de amigos; todo pro mor do erro NP-39225-1, o máis habitual.

Unha problemática que está a afectar a nivel mundial; Sony aínda non aclarou a que se debe realmente, se ben un aumento da demanda ou outro motivo distinto.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados