Actualidade PlayStation Now amplía a súa presenza a novos países europeos

PlayStation Now amplía a súa presenza a novos países europeos

O servizo de Sony que permite xogar vía streaming a un enorme número de títulos dispoñibles nas súas tres consolas (PS2, PS3 e PS4) amplía a súa presenza no Vello Continente. España, Italia, Portugal, Noruega, Dinamarca, Finlandia e Suecia pasarán a contar cunha fase beta para probar este servizo.

Calquera usuario pode apuntarse na páxina oficial de Sony á espera de ser un dos elixidos para ser probador deste sistema. Por suposto, o uso da beta está suxeito a acordos de confidencialidade, e só está aberto a maiores de 18 anos. PlayStation Now xa está dispoñible en Reino Unido, Alemaña, Francia, Bélxica, Países Baixos, Suíza, Austria, Luxemburgo e Irlanda.

O servizo de subscrición permite xogar na nube a un enorme catálogo de títulos ao que se podee acceder dende PS4 pero tamén dende un PC con Windows. Agora ben, os usuarios de ordeenadordeberán esperar un pouco máis para poder facer uso de PlayStation Now.

PlayStation Now permite aos usuarios xogar a títulos exclusivos de Sony en PC.

Na nota emitida por Sony indícase que “a principios de febreiro chegará unha versión beta que permitirá aos usuarios de PS4 probar o servizo, acceder aos máis de 600 títulos e dar o seu feedback sobre o funcionamento de PlayStation Now”.

Aínda que a plataforma permite xogar na nube todo o seu catálogo, tamén permite, desde hai uns meses, a opción de descargar títulos de PS4 e PS2, tendo a posibilidade de funcionar como un servizo de subscrición máis tradicional. Nos Estados Unidos, o servizo ten un prezo de 19,99 dólares ao mes, e de 99,99 ao ano. Se es membro de PS Plus podes facerche cun pase de tres meses por 29,99 dólares no canto de 44,99 dólares.

 

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.