PlayStation oficializa os cartuchos de memoria SSD pero non para PS5

PlayStation oficializa os cartuchos de memoria SSD pero non para PS5

Actualización 21/11/2019:

O portal Let’sGoDigital, que foi o primeiro medio que informou sobre os cartuchos de memoria que ían estar destinados a PlayStation 5, é quen arroxa de novo a información. Si, Sony patentou estes periféricos, e tamén os anunciou oficialmente, pero son para TOIO, e non para PlayStation 5.

Que é TOIO? Trátase dun sistema de xogos dispoñíbel en Xapón co que os nenos xaponeses controlan robots ou vehículos teledirixidos en base a unha serie de funcións programábeis. Con estes novos cartuchos SSD poderán gardar máis funcións e amplialas con outras novas.

Nota original:

Após unha serie de rumores nos que se indicaba que Sony utilizará cartuchos de memoria con PlayStation 5, a compañía xaponesa quixo confirmar esta posibilidade. A nova máquina ofrecerá e traballará con este tipo de periférico de ampliación de memoria dos que se filtrara a súa patente.

A páxina holandesa Let’s Go Digital fixo unha serie de recreacións tomando como base a información do rexistro de patentes que ilustra este artigo. Cada cartucho terá unha conexión de 12 pines que garantirá unha boa velocidade á hora de comunicar os datos do periférico coa nova máquina.

Na patente descríbense os cartuchos como «un medio de gravación que pode almacenar diferentes tipos de datos, como un personaxe, unha imaxe, unha animación, un son e un programa». «Ao cargar o cartucho no porto de a  videoconsola, pódense ler os diferentes datos rexistrados en este».

Diversos analistas explicaron que a existencia deste dispositivo podería rebaixar o prezo de cada unidade de PlayStation 5, ao poder contar esta cun disco duro SSD máis pequeno, deixando a opción ao usuario de ampliar a memoria interna cando o decida ou poida facelo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados