PlayStation planea levar Uncharted 4 tamén a ordenadores

PlayStation planea levar Uncharted 4 tamén a ordenadores

Pois se, parece que Uncharted 4: O desenlace do ladrón terá, nalgún momento di futuro, unha versión para PC. É unha posibilidade que vén recollida nun documento para inversores de Sony, no que o logotipo da obra de Naughty Dog aparece xuto co de Days Gone, que xa foi publicado en Epic Store e Steam, xusto nun apartado chamado «lanzamentos planeados para PC».

Con todo, non hai ningunha data establecida para esta versión, tampouco unha confirmación oficial por parte da compañía. Sexa como for, non sería unha decisión nin unha posibilidade estraña. Dun tempo para acó, PlayStation foi achegando os seus xogos a PC, como ocorreu co xa mencionado Days Gone ou o Horizon: Zero Dawn. Chegará Nathan Drake a computadores? Todo indica que así ocorrerá.

No documento tamén aparece recollida a idea de traer a Europa PlayStation Direct. Non, non é novo tipo ou modelo de evento dixital ou conferencia, senón unha plataforma de compra de hardware (consolas e periféricos, principalmente) e claves para servizos, sen intermediarios; o que sería o equivalente á Microsoft Store. En Estados Unidos está activo desde 2019 e, en teoría, chegará a Irlanda, Reino Unido, Países Baixos, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo e Francia este ano. De España non se sabe nada.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados