Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×01)

Volvemos coller o micrófono! Regresamos a esa Gruta de Gizamaluke que teremos cada semana e damos comezo unha nova tempada chea de videoxogos, actualidade e conversas.
Xa sabes, todos os domingos que queiras, terás unha cita connosco. Charlie, Sara, Ana e Juan, os de sempre.
De que falamos hoxe?
- Sección de novas, cun repaso á actualidade máis inmediata do videoxogo.
- Análises de Man of Medan e Blair Witch, un paseo polo terror saído hai nada do forno.
- A que estamos a xogar? Impresións dos títulos cos que perdemos o tempo estes días e outras historias.
- Presta ou rosma, unha nova sección onde opinamos sobre os últimos movementos da industria. Hoxe, sobre o Nintendo Direct, entre outras cousas.
Podes escoitar o programa nas seguintes opcións:
- Descargalo no noso Patreon —sempre estará os venres, dous días antes—
- Escoitalo en Ivoox
- Escoitalo en Spotify
- Escoitalo en iTunes —pendente de aprobación por Apple—

O novo xogo sobre a bruxa de Blair é un dos títulos dos que falamos neste programa.