Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×02)

Volvemos coller o micrófono! Regresamos a esa Gruta de Gizamaluke na que entramos cada semana e falamos de videoxogos, actualidade e o que vaia saíndo.
Xa sabes, todos os domingos que queiras, terás unha cita connosco. Charlie, Sara, Ana e Juan, os de sempre.
De que falamos hoxe?
- Sección de novas, cun repaso á actualidade máis inmediata do videoxogo.
- Análises de Astral Chain, a nova xenialidade de Platinum Games.
- A que estamos a xogar? Impresións dos títulos cos que perdemos o tempo estes días e outras historias. Nesta ocasión FIFA 20, Pro 20, Blasphemous, Sims, Final Fantasy X-2…
- Presta ou rosma, unha nova sección onde opinamos sobre os últimos movementos da industria. Hoxe, tocaremos diversos temas, como a violencia nos videoxogos ou as caixas botín de EA.
Podes escoitar o programa nas seguintes opcións:
- Descargalo no noso Patreon —sempre estará os venres, dous días antes—
- Escoitalo en Ivoox
- Escoitalo en Spotify
- Escoitalo en iTunes
- Tamén en PontevedraViva

Death Stranding amosou esta semana máis dunha hora de contidos.