Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×03)

Collemos de novo o micrófono. Charlie, Ana, Juan e Sara comentan a actualidade do mundo do videoxogo na Gruta de Gizamaluke.
De que falamos neste episodio?
- Na sección de novas prestamos moita atención a The Last of Us 2 (spoilers do 26.30 ao 37.15), tamén ao State of Play de Sony e facemos un resumo do Inside Xbox. Tamén conversamos sobre Google Play Pass e a revenda de videoxogos en Steam que podería chegar a suceder.
- Hai mais titulares? Hai. Mario Kart Tour, Borderlands 3…
- Análise :: Blasphemous, o barroco andaluz de The Game Kitchen. – A que estamos a xogar? Os xogos cos que perdimos o tempo estes días, como por exemplo: MediEvil Remake.
- Presta ou Rosma. Cousas que gustan, cousas que non gustan. Xa sabedes, a vida é iso.
Podes escoitar o programa nas seguintes opcións:
- Descargalo no noso Patreon —sempre estará os venres, dous días antes—
- Escoitalo en Ivoox
- Escoitalo en Spotify
- Escoitalo en iTunes
- Tamén en PontevedraViva