Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×13)

De novo co micro na man, eis o novo capítulo da Gruta de Gizamaluke, con Charlie, Juan e Ana.
Incorporamos a colaboración de Diego Pazos —no 1h12m podes escoitala—, que agardamos vos preste. O resto? Coma sempre.
Novas principais:
- Riot Forge chega para expandir League of Legends
- Resident Evil 3 faise realidade por unha filtración
- Así quedaron os PlayStation Awards
- Unha chea de titulares máis
Conversamos sobre os 25 anos de PlayStation e facemos repaso deles.
A que estamos a xogar? SW: Bounty Hunter, Resdient Evil 2…
Presta ou rosma? Unha semana complicada, con malas novas e con bastante que rosmar.
Musiquiña
- La Marabunta – Morcego
- Stevie Ray Vaughan – The Sky is Crying
- Covet – “shibuya” (ft.San Holo)
- Elephant Gym – Finger
- Ruxe-Ruxe – Morreu