Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×21)

Charlie, Ana, Sara e Juan volven abrir as portas da Gruta. Seguimos afondando na nova cifra, nos felices capítulos vinte. Lembra que tamén estamos en Spotify, en iTunes e dous días antes no noso Patreon.
Novas do día:
- Nintendo atopa os responsábeis da filtración de Escudo e Espada
- Nova patente de Sony para prestar axuda nas partidas
- O E3 e as súas novas ausencias
- Anthem e o seu redeseño total
- Máis titulares
Xapón con Lacón :: As recreativas e os seus edificios
A que estamos a xogar? The Witcher 3, BOTW, Kentucky Route Zero, Dark Souls…
Éche o que hai :: con Diego Pazos e a súa opinión sobre o vindeiro E3 e as últimas novas sobre el
Presta ou Rosma?