Actualidade Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 12

Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 12

Seguimos! A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke. Luns, día de gruta, día de radio.

Hoxe, coma sempre, comezamos falando da actualidade máis inmediata do día:

– Team Cherrie anuncia que falará este xoves da nova expansión de Hollow Knight
– Cyberpunk 2077 adianta que non deixará de lado a Steam por Epic Game Store
– Final Fantasy VIII ten xa 20 anos. Tal día coma hoxe era lanzado en Xapón hai dúas décadas.
– A semana da tolemia: Far Cry: New Dawn, Metro Exodus, Jump Force, Sid Meier’s Civilization VI Gathering Storm e Crackdown 3 saen ao longo destes catro días.

Temos nova voz no programa! Juan Sanmartín analiza e fala de Kingdom Hearts 3,  para logo escoitar algo de Presidents of the United States of America  e rematar debatindo sobre Apex Legends e os battle royale.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *