Actualidade Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 13

Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 13

Programa adicado a Fran Pinto “pinjed”

A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.

Hoxe, coma sempre, repasamos a actualidade máis relevante deste luns:

  • A censura de Resident Evil 2 en China
  • Confunden os usuarios de Steam Apex Construct con Apex Legends? Semella que si
  • Novo mando para Dreamcast en 2019
  • A folla do infinito volve a Fortnite
  • E alguna cousiña máis…

Entrevistamos a Galo Martínez, fundador xunto co seu irmán Jacobo do MUVI (Museo do Videxogo Galego) e rematamos conversando sobre os mundos abertos, o seu pasado, o seu presente e o seu futuro.

Quen é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Falan Charlie, Sara e Juan. Marisa argalla no son.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.