Actualidade Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 14

Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 14

A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.

Hoxe, coma sempre, repasamos a actualidade máis relevante deste luns:

  • SEGA abre votacións para escoller os xogos da súa Mega Drive Mini.
  • O torneo de Fortnite de Lolito foi seguido por máis de 750.000 espectadores.
  • Anthem e o seu parche do día un.
  • League of Legends sube os prezos da súa moeda virtual.
  • E máis cousiñas…

Charlie analiza e fala sobre Apex Legends, para logo pinchar a Rosalía (a galega, a nosa, a de Castro) cantada por Narf. Por último debatimos sobre a duración dos videoxogos en base a súa narrativa.

Quen é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Falan Charlie, Sara e Juan. Marisa argalla no son.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.