Actualidade Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 18

Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 18

A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.

Hoxe falamos da actualidade máis inmediata do día na medida do posible, os luns sempre traen cousiñas novas. Así, lembramos a retransmisión do State of Play de Sony, as vendas do novo título de FromSoftware ou os requisitos mínimos de Detroit: Become Human, ademais de máis novidades.

Contamos coa colaboración de Adrián Suárez para comentar as súas primeiras horas de Sekiro, poñemos algo de música e rematamos a xornada de radio falando de Stadia, o novo sistema de Google.

Quen é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Falan Charlie, Sara e Juan. Marisa está nos mandos de mesa nodriza.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *