Actualidade Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 19

Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 19

A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.

Hoxe temos como novas principais:
– Repaso aos lanzamentos do mes de abril
– O anuncio de Borderlands 3
– Novo codirector para FF VII e o seu remake
Data de lanzamento para Mega Drive Mini e unha primeira ollada ao seu catálogo
– E máis titulares…

Charlie tamén analiza Sekiro, poñemos algo da Familia Caamagno e conversamos sobre consolas e periféricos que non acadaron o éxito precisamente despois do seu lanzamento.

Quen é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Falan Charlie, Sara e Juan. Charle hoxe tamén fedella no son.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *