Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 2

Deixámosvos por aquí o segundo capítulo da gruta de Gizamaluke, o podcast de videoxogos en galego feito grazas á colaboración entre Morcego e Pontevedraviva Radio. Agardamos que vos guste.
Co equipo xa o completo, hoxe tocou falar da actualidade a golpe de luns.
- Resumo da Blizzcon
- Vendas do Red Dead Redemption 2
- Falecemento de Mario Segale, o home que lle deu nome ao fontaneiro de Nintendo
- Lanzamento de The Land of the Seazogs, creado en Ferrol
Pinchamos un tema do GTA: Vice City e falamos dos seus segrediños. Tamén Rruchito analiza o CoD: Black Ops 4.
Por último, enredamos sobre remakes, remasters e ese constante ollar ao pasado.
Oh! Haberá que escoitalo, non sabía nin que había un primer número.