Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 23

A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.
Hoxe temos como novas principais:
- O goberno británico financia un xogo de Peaky Blinders
- SEGA presenta o seu xogo oficial para a Olimpíada de 2020
- Planet Zoo, a arca de Noé que constrúe Frontier
- Square Enix anunciou un novo DLC de pago para Kingdom Hearts 3
Tamén analizamos Yuppie Psycho, de Baroque Decay Games; poñemos algo de Wilco e aportamos unhas primeiras impresións de Days Gone.
Cal é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Falan Charlie, Ana e Juan. Marisa fedella no son.