Podcast :: A Gruta de Gizamaluke – Capítulo 24
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. Día de gruta, día de radio.
Hoxe temos como novas principais:
- A última actualización de Sea of Thieves.
- Fortnite pecha unha etapa ao desaparecer Pisos Picados.
- Epic Games faise con Psyonix, o estudio dono de Rocket League.
- For Honor tamén celebrou o Star Wars Day.
Jua Sanmartín analiza Days Gone, poñemos algo de música relacionada con Marvel e os nativos americanos, e rematamos falando de Borderlands 3 e a película de Sonic.
Ollo, que tamén hai un sorteo nalgún momento do programa, relacionado con Yuppie Psycho.
Cal é o equipo da Gruta de Gizamaluke? Falan Charlie, Ana e Juan. Marisa fedella no son.
Preme na imaxe!





