Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 3

Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 3

Seguimos navegando polas ondas radiofónicas dixitais grazas a colaboración de Morcego con PontevedraViva Radio.

Hoxe Charlie e Sara parlotean sobre a vida, os videoxogos e a súa actualidade máis inmediata:

  • Comentamos o parche de día 1 do Fallout 76, máis grande co propio xogo.
  • Imaxinamos o prometedor futuro de Microsoft despois de facerse con InXile e Obsidian Entertainment.
  • Achegámonos á fin de campaña de crowdfunding de The Waylanders, o RPG galego.

E despois? Repasamos os lanzamentos máis importantes de novembro pero antes facemos unha parada técnica na historia de Blur co FIFA 98.

E para o final? Debatimos sobre o futuro da saga Final Fantasy que estes días viu como Tabata, director de Final Fantasy XV, dicía adeus a Square Enix.

Preme na imaxe!

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados