Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 5

A unión entre Pontevedraviva Radio e Revista Morcego segue dando os seus froitos en forma de programas radiofónicos.
Neste novo capítulo da gruta de Gizamaluke, repasamos parte da actualidade máis recente do mundo dos videoxogos:
- O triunfo da campaña de financiamento colectiva de Shenmue III
- No Man’s Sky e a súa futura actualización
- Repasamos as rebaixas e descontos máis interesantes de Steam para este outono
- O rexistro como marca de Parasite Eve en Europa por parte de Square Enix
Tamén tivemos a sorte de compartir uns minutos con Adrián Suárez, coordinador do Máster en Creación de Videoxogos da EBF coruñesa e colaborador de Mundo Gamers. Unha entrevista na que repasamos a importancia dunha titulación como a que coordina e aproveitamos, como experto en Miyazaki que é, para falar sobre a súa última obra, Déraciné.
Por último, repasamos esa curiosa unión entre videoxogos e películas. Pouco afortunada na maioría de casos máis chamativos.
Preme na imaxe!