Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 6

A colaboración entre Morcego e Pontevedraviva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke.
Esta semana Sara e Charlie comentan a actualidade do mundo dos videoxogos máis inmediata:
- Lanzamentos de decembro,
- A compra de estudios por THQ Nordic
- A proximidade da CutreCon e o seu momento crucial para a película de Street Fighter
- Red Dead Online e a súa beta
Tamén falamos de War e a canción Low Rider. Que relación ten con San Fierro?
Charlie comenta que lle parece Artifact, o xogo de cartas de Valve, para logo reflexionar con Sara sobre os Game Awards e facer a súa porra particular.