Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 8

A colaboración entre Morcego e Pontevedraviva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke. E van oito!
Esta semana Sara e Charlie comentan a actualidade do mundo dos videoxogos máis inmediata:
- A filtración de contido de Kingdom Hearts III
- Metacritic lembra os 10 xogos peor puntuados do ano
- Dous de cada tres usuarios elixiron a Alexios e non a Kassandra en Assassin’s Creed Odyssey
- A tenda de Discord tamén anuncia a súa reformulación de beneficios para os creadores: a súa chega até o 90 %
Tamén quixemos facer un resumo do ano falando dos títulos que gardaremos na memoria deste 2018, e puxemos fin ao programa comentando as novidades que están por chegar.
Coma sempre, tamén puidemos pinchar algo de música, e contamos como se relaciona un concello de Lugo, cunha canción de FIFA 2005.