Actualidade Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 9

Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 9

Rematou o Nadal! E estamos aquí de novo. A colaboración entre Morcego e Pontevedraviva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke. E van nove!

Hoxe repasamos as novas máis importantes da fin de semana e boa parte do luns:
– Ruptura entre Bungie e Activision
– Saída de Dark Souls Trilogy en Europa
– A tola capacidade dun xogador de FF IX
– A aposta de Ubisoft pola Epic Games Store
– E máis cousiñas a golpe de luns…

Tamén comentamos as impresións da demo de Resident Evil 2, pinchamos algo de música en relación a The Police e Spyro e repasamos nunha listaxe xogos que no 2019 cumprirán vinte anos.

Preme na imaxe!

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *