Pokémon Escarlata e Púrpura amosan un novo tráiler de 14 minutos

The Pokémon Company acaba de publicar un novo adianto dos Pokémon Escarlata e Púrpura. Catorce minutiños para ver que poderemos atopar dentro destes dous novos títulos.
É máis doado velo que explicalo, e así queda por aquí abaixo, mais cómpre dicir que é un vídeo moi tranquilo, sen demasiadas pausas iso si e sen moitos cortes, o que, dalgún xeito, permite dar unha boa visión do que ofrece a experiencia de Paldea, esa nova rexión inspirada na Península Ibérica.
Como anédcota de interese, confirmar que Enviar Pokémon —a comunidade tiña certas dúbidas sobre como funcionaría— permitirá enviar o noso Pokémon principal a que combata por aí adiante, nunha especie de pelexa simulada para non curtar a experiencia nin o ritmo no que vén sendo a exploración, mesmo poderá collernos obxectos polo mapa.
Doutra banda, o tráiler reserva un anaco do seu tempo para amosar os tres camiños distintos que agardan en Escarlata e Púrpura: a Vía Stardust, a Travesía da vitoria e a Senda Lendaria. Tres xeitos distintos de vivir este novo mundo Pokémon.
Cando chegarán estes novos títulos? Pokémon Escarlata e Púrpura se publicarán en Nintendo Switch o 18 de novembro deste ano.