Actualidade Pokémon Espada e Escudo chegan esta semana e estrean adianto

Pokémon Espada e Escudo chegan esta semana e estrean adianto

Este venres, 15 de novembro, decenas de miles de adestradores volverán iniciar unha viaxe na que aspirarán a gañar a liga Pokémon, coñecer un mundo novo e crear lazos irrompíbeis cos seus compañeiros de aventura. Pokémon Espada e Pokémon Escudo estarán dispoñíbeis nas tendas nuns días, figurando como un dos grandes lanzamentos do ano para Nintendo —senón o maior— e que marcará as vendas do mercado do Nadal.

Game Freak e The Pokémon Company non perden o tempo e xa publicaron nas súas diversas plataformas de comunicación un último adianto para abrir o apetito. Amosa parte dese novo territorio que é Galar e algunhas das moitas accións que os xogadores poderán realizar nese vasto mundo cheo de Pokémon.

Este novo capítulo da franquía Pokémon tamén supuxo algún que outro desgusto para os amantes da saga, pois a Pokédex Nacional desaparecerá e non regresará en futuras entregas. Trátase dun feito importante que lembra un feito importante: non poderemos combater con todos os Pokémon coñecidos até o de agora en Galar; xa non capturalos, senón intercambialos desde outras versións.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.