Actualidade Pokémon Espada e Escudo daranlle a benvida á súa expansión en xuño

Pokémon Espada e Escudo daranlle a benvida á súa expansión en xuño

Meses de espera chegaron ao seu fin. A nova expansión de Pokémon Espada e Escudo xa ten data de lanzamento e será a partir do 17 de xuño o momento de gozarmos de todo o novo contido na nosa Nintendo Switch. A Illa da Armadura e as Neves da Coroa ofrecerán novos Pokémon, novas formas Gigamax para os nosos compañeiros iniciais e mesmo máis Pokémon lendarios.

Esta expansión estará dividida en dous partes, a primeira chegará na mencionada data mentres que a segunda agárdase que desembarque a finais de outubro deste ano, todo iso por un total de 29,99 euros. Aquí debaixo deixámosvos cunha galería de imaxes do que nos espera na expansión.

Preme para ampliar a imaxe.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.