Pokémon Home :: Aquí tes os seus precios e as súas funcións
A través da súa páxina web oficial, Pokémon Home vén de se presentar en sociedade. Trátase dun servizo que permitirá mandar os nosos Pokémon a unha aplicación para teléfonos desde diversas fontes, incluíndo aqueles que están na Pokédex de Galar de Espada e Escudo.
Na práctica, a plataforma é un sistema de gardado na nube, un lugar no que comunicar os diversos xogos da franquía de GameFreak. Comezará a funcionar en febreiro e dispoñerá de diversos modelos de subscrición que ofrecerán diferentes vantaxes.
Estes son os prezos de Pokémon Home:
- 1 mes (30 días): 2,99 €
- 3 meses (90 días): 4,99 €
- 12 meses (365 días): 15,99 €
Tamén se inclúe un plan de balde, no que se poderán gardar até 30 Pokémon, fronte aos 6.000 dunha conta premium. Ademais, os usuarios que non paguen tampouco poderán acceder ao Banco Pokémon nin ao «Xuíz» que analiza as estatísticas das túas criaturas. Doura banda, estarán permitidos os intercambios de criaturas entre os usuarios a través do Global Trade Service.
Na versión para Nintendo Switch poderemos conectar con Pokémon Espada, Pokémon Escudo, Pokémon: Let’ s Go, Pikachu! e Pokémon: Let’ s Go, Eevee! Amais disto, teremos a posibilidade de entrar no Banco de Pokémon da Nintendo 3DS. Está previsto que no futuro sexa compatíbel con Pokémon GO.
Haberá catro maneiras de intercambiar exemplares:
- Caixa prodixiosa
- Sistema de intercambio global
- Intercambio en grupo
- Intercambio con amigos