Pokemon Let’s Go vende 3 millóns de unidades en tres días

Non podía o novo título de Pokemon ter mellor inicio. O xogo de Game Freak apunta maneiras e xa despachou 3 millóns de copias, nas súas dúas versións, en tan só tres días.
En Xapón, por exemplo, foi o videoxogo máis vendido da fin de semana. Grazas a esta fazaña, tamén fixo triplicar as vendas de Switch. Aínda pendentes de cifras europeas e por países, si se pode confirmar que no territorio occidental o xogo tamén está a funcionar a nivel comercial estupendamente.
Foi a propia The Pokemon Company a que facilitou estas cifras a través de Twitter, contabilizado as vendas entre o 16 e o 19 de outubro. Aínda é pronto para determinar se este será o mellor debut de Nintendo Switch ata a data, pero podería chegar a selo.
Aínda que a prensa especializada describe a Pokemon Let’ s Go Pikachu / Eevee cunhas críticas maiormente notables, considerándoo un bo título; a comunidade de xogadores parece algo máis dividida. A nova aventura supón unha volta ás orixes, a esa terra de Kanto, pero á vez unha reinvención da franquía mesma, dos seus estándares básicos, como a omisión dos combates aleatorios ou a captura sen loitar dos pokemon. Entre as novidades incluídas está o poder xogar a través da Poke Ball Plus.