Actualidade Pokémon Masters suma xa dez millóns de descargas

Pokémon Masters suma xa dez millóns de descargas

O novo título para dispositivos móbiles de Pokémon volveu a demostrar a vixencia da marca neste ben entrado 2019. Pokémon Masters, nome da aplicación, vén de superar os 10 millóns de descargas. O seu lanzamento aconteceu o pasado 28 de agosto.

Trátase dun RPG con combates de 3vs3. O seu funcionamento e características foron xa probadas polos usuarios de Singapur e Canadá, que accederon ao título antes que o resto do globo. Desenvolto para Android e iOS por DENA, o éxito chegoulle pola porta grande.

Se aínda non o probaches, podes facelo sen custo algún. Trátase dun xogo de balde, aínda que como é habitual, neste mercado móbil, ten micropagos para desbloquear diversos elementos e axilizar a progresión da aventura.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *