Actualidade Pokémon Rumble Rush, un novo xogo da franquía para móbiles

Pokémon Rumble Rush, un novo xogo da franquía para móbiles

Pokémon Rumble SP é o nome do futuro título que The Pokémon Company vén de anunciar para dispositivos iOS e Android, e que chegará ao vello continente nalgún momento próximo, aínda que non hai unha data determinada para iso. Farao co nome de Pokémon Rumble Rush.

De que tratará este novo Pokémon para móbiles (ou tabletas)? DeNa, o estudio que o está a desenvolver, defíneo como un xogo de acción free to play, aínda que contén micropagos, no que recibiremos a tarefa de investigar Pokémon nunha illa descoñecida, un lugar que serve de fogar a todo tipo de criaturas.

Non transcenderon moitos máis detalles sobre o proxecto, aínda que todo parece indicar que posuirá un control sinxelo e ao alcance de todo o mundo, seguindo a rutina da franquía. Curiosamente, nunha das imaxes oficiais proporcionadas pola empresa xaponesa aparece un Mii, polo que volveremos usar estes avatares como personificacións dixitais.

A Xapón chegará antes, así que a súa xogabilidade e detalles transcenderán máis pronto que tarde.

Imaxe promocional co título da versión occidental.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.