Actualidade Pokémon Unite presenta novidades na súa estrea en móbiles

Pokémon Unite presenta novidades na súa estrea en móbiles

Hoxe é un día importante para Pokémon Unite. O MOBA de The Pokémon Company chega para teléfonos móbiles após sumar 9 millóns de descargas en Nintendo Switch e conseguir algo máis que atención nos seus primeiros pasos.

Non te preocupes. Se iniciaches a túa aventura en Pokémon Unite en Switch poderás manter o teu progreso e información no móbil, pois as contas de adestrador poderán ser compartidas entre plataformas.

As novas versións de iOS e Android virán acompañadas dunha serie de traducións a distintos idiomas, incluíndo o castelán. Ademais, tamén aparecen os Círculos Unite, que permitirán crear clubs de xogadores onde entrar e empezar partidas.

O Pase de Batalla Gravidade 094 tamén poderá ser descargado hoxe e incluirá obxectos inspirados no espazo, como un novo traxe espacial para Gengar.

O último MOBA na moda conta con 5 millóns de prerrexistros en dispositivos móbiles e The Pokémon Company aproveitou a ocasión para lanzar un evento no xogo co que conseguir 1000 cupóns Æos, aa licenza Unite de Pikachu e o traxe Matsuri para Pikachu. Se son alcanzadas as 7,5 millones de contas procederán a sumar otros 1000 cupóns Æos. A cabalo regalado…

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.