Posuidores das Series X reportan os primeiros fallos graves da consola

Posuidores das Series X reportan os primeiros fallos graves da consola

Poucas cousas poden doer máis que estrear un produto e velo fallar o primeiro día. Onte Series X| S puido celebrar a súa estrea en todo o mundo, dando comezo á nova xeración de consolas, a novena. Por desgraza, algúns usuarios xa colgaron nas súas redes sociais que tiveron que devolver as súas máquinas por mor de graves fallos no funcionamento.

Algúns falan de pantallas verdes da morte, outros de reinicios ou apagados non ordenados; os menos afortunados directamente subiron vídeos da súa Series X botando un denso fume do seu interior. Hai vídeos en YouTube que xa recompilan estes erros. Porén, nas últimas horas foise aclarando o do fume e todo parece que se trata de montaxes falsas.

Por suposto, a maioría de usuarios non están a experimentar unhas problemáticas que moitas veces entran dentro do típico nos primeiros modelos que chegan ao mercado. Tal e como moitos expertos da industria sinalan, comprar unha consola de saída sempre entraña certo risco, aínda que non por iso deixa de ser unha molestia dolorosa para o usuario e, na práctica, inadmisible para a compañía produtora.

A continuación podes ver algúns usuarios comentando a súa experiencia negativa:

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados