Actualidade PowerA lanza un mando especial para celebrar a saída de The  Witcher 3 en Switch

PowerA lanza un mando especial para celebrar a saída de The Witcher 3 en Switch

Aspecto do controlador. Preme na imaxe para ampliar.

A chegada de Geralt de Rivia a Nintendo Switch pode ser unha boa escusa para renovar controlador. Aquel que senta paixón pola arte e deseños do Bruxo seguro que verá con bos ollos o mando Pro personalizado creado pola compañía PowerA.

O periférico ten un prezo de 49,99 euros e conta con licenza oficial de Nintendo e CD Projekt RED. Emite as ordes vía Bluetooth e garante até 30 horas de xogo grazas ás dúas pilas AA que carga. Os interesados poden reservar xa o mando desde a web oficial.

The Witcher 3: Wild Hunt, incluíndo os DLC, foi lanzado este martes para a consola híbrida, permitindo gozar dunha das aventuras máis importantes da década en formato portátil.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.