Actualidade Primeiras imaxes de The Outer Worlds en Nintendo Switch

Primeiras imaxes de The Outer Worlds en Nintendo Switch

Logo de alcanzar un éxito fortuíto en PC, PlayStation 4 e Xbox One, o RPG de Obsidian confirmou a súa saída en Nintendo Switch, pero alén desta información pouco máis se sabía do asunto. A súa estrea está previsto ao longo do primeiro trimestre do 2020, unha xanela de tempo que chega ao seu fin, por iso a Gran N vén de revelar tres imaxes de como será The Outer Worlds na máquina híbrida.

Malia que se tratar dunha versión por baixo do apartado técnico que poden ofrecer as actuais consolas de sobremesa, o certo é que gozar de todo un título deste calibre en Switch é xa un feito meritorio. Após estas imaxes, máis pronto que tarde é de supoñer, os seus responsábeis amosarán algún vídeo para ir quentando motores.

The Outer Worlds viu a luz o pasado 25 de outubro e obtivo unha repercusión notable, tanto de crítica como de público. Herdeiro da esencia Fallout máis clásica e estimábel, logrou o nomeamento a Game of the Year nos Game Awards. Un fito ao alcance só dun puñazo de títulos. Este 2020, ademais, tamén recibirá novo contido en forma de expansións.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.