Actualidade Primeiros detalles de Murder Detective: Jack the Ripper

Primeiros detalles de Murder Detective: Jack the Ripper

Nippon Ichi Sofrware acaba de presentar as primeiras imaxes de Murder Detective: Jack the Ripper, un título que levará a aquel que o xogue até Londres para investigar o histórico caso de Jack o Destripador. Hai apenas uns días fíxose público un adianto en vídeo.

Murder Detective chegará este ano ao país do sol nacente para Nintendo Switch e PlayStation 4, aínda que polo momento non se confirmou a súa comercialización en occidente.

Trátase dunha novela audiovisual con compoñentes de thriller e suspense na que Arthur Hewitt é o seu gran protagonista. Nun Londres un tanto diferente ao que coñecemos, Hewitt é capaz de ver unha pantasma que se chama a si mesmo Jack o Destripador. Con este atípico compañeiro, o detective irá desentrañando os misterios que presencie.

Moitas eleccións e diferentes camiños marcan un título que se poderá vivir de dúas maneiras opostas: a ruta do detective, a través de decisións racionais; ou a do asasino, na que a fin xustifica os medios.

Arthur Hewitt é o protagonista desta novela interactiva.

As eleccións terán consecuencias directas no desenvolvemento da aventura.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.