Project Rene, nome en clave da vindeira entrega dos Sims

Os Sims 5? Polo momento non, pero Maxis si revelou que o vindeiro proxecto no que están traballando é un novo título relacionado coa saga de simulación máis famosa da historia. Leva por nome, polo momento, Project Rene, e apenas sabemos deste proxecto dúas migas de información.
A obra estaría nunha frase moi temperá de desenvolvemento, mais sería un xogo «de nova xeración» que «representa o compromiso renovado polo brillante futuro dos Sims» en palabras do estudio.
A continuación podes ver a retransmisión completa onde foi revelado este novo xogo, e na que poderedes comprobar algunhas novidades ou melloras que aparecerán nesta ‘nova’ entrega. Contaremos con máis posibilidades de presonalización, tanto nos mobles como nas contornas e nos personaxes.
É de agardar, segundo transmite o adianto, que teremos algún modo multixogador, sendo unha especie de xogo cooperativo —se así o queremos— e poderemos gozar do título en diversas plataformas ao mesmo tempo, ir de pantalla en pantalla.