Actualidade Project xCloud iniciará as súas probas en España moi pronto

Project xCloud iniciará as súas probas en España moi pronto

Microsoft continúa experimentando con Project xCloud, o seu servizo de xogo por streaming. A plataforma dixital comezará pronto unha nova fase de probas en Europa e España figura entre os once países seleccionados xunto con Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos e Suecia.

Queres probalo? Queres coñecer o seu potencial? A compañía de Redmond vén de crear unha páxina na que os usuarios interesados poden registrarxe e agardar para ser seleccionados e disfrutaren en primicia deste novo servizo.

«Levar a preview do Proxecto xCloud aos xogadores de Europa Occidental é unha prioridade para nós», explicou nunha entrevista recente Catherine Gluckstein, xerente xeral e directora de produto de Project xCloud. Microsoft cumpre así a súa palabra de ampliar o alcance do seu xogo na nube ao longo do 2020, malia que o coronavirus quizais retarde a súa expansión, debido aos problemas que a Rede está a experimentar estas semanas por mor da sobrecarga de usuarios.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.