Actualidade Proyect L, así é o xogo de loita de League of Legends

Proyect L, así é o xogo de loita de League of Legends

Por fin, logo de múltiples silencios, é anunciado Proyect L, o xogo de loita de Riot Games. Estivemos agardando por detalles dende a compra de Radiant Games por Riot, a saída de Seth Killian do misterioso proxecto e o anuncio oficial por Tom Cannon durante o EVO deste mesmo ano. Após moitas incógnitas por fin estamos perante o gran anuncio.

Na madrugada de hoxe, durante a celebración do decimo aniversario de League of Legends, amosáronse imaxes do novo titulo integrado no mundo de lore do MOBA e feito polos creadores de Rising Thunder e algúns dos fundadores do EVO, os irmáns Cannon. No que semella ser unha unión da elite de deportes electrónicos cos membros afianzados da comunidade de xogos de loita, a FGC, esperase que este proxecto traia ao xénero unha nova audiencia e lles transmita a paixón da FGC competitiva a través de novas propostas.

Esta nova quenda de xogos aínda en desenvolvemento por parte de Riot incluirá un xogo de cartas electrónico, un shooter e o xogo de loita. Paga a pena dicir que estamos perante un formato estraño dentro do xénero ao ver que, coma o resto de xogos de Riot, podemos pensar que se trate dun free to play e orientado á plataforma de PC como obxectivo principal.

Advirte Tom Cannon do estado temperán do proxecto, un xogo de loita en dúas dimensións con gráficos 3D como podemos ver en Street Fighter V, por exemplo. Malia que polo estilo e xogos de cámara en determinados golpes semella tirar mais ao visto no Guilty Gear Xrd e en especial a Street Fighter 4. Mostráronse dous mapas, unha especie de campo de batalla desértico e un escenario de adestramento, e foron enchidos por catro personaxes; Ahri, Darius, Katarina e Jinx. En cuanto aos sistemas que se amosan; semellan abandonar o sistema de cooldowns do Rising Thunder —que observamos de certa forma no Granblue Fantasy: Versus—, mantense un sistema de barras de vida, de stun, súper con capacidade de execución de movementos EX e un medidor particular do personaxe do que se descoñece a súa función —soamente aparece nas imaxes de Katarina Vs Darius, o cal pódese deber a imaxes de diferentes builds ou ser dunha mecánica aínda non implementada completamente—. É difícil discernir polas imaxes, pero parece que se pode ver a Katarina realizar un recovery no aire, como os que podemos atopar no Dragon Ball Fighterz, no medio dos juggles de Jinx.

Tom Cannon, a diferenza dos outros líderes de proxecto, non dá data aproximada e avisa da falta de comunicación que haberá a partir de agora, polo que non deberíamos agardar un lanzamento para o ano que ven. Segundo comunicou posteriormente en Twitter Tom Cannon, o xogo aínda non está en fase Alfa, polo que non sería de estrañar que o produto final resulte ser completamente distinto tanto a nivel mecánico como gráfico.

Moitas cuestións aínda quedan no aire e algunhas poden estar preocupando aos xogadores máis veteranos, pois o posíbel requirimento de conexión a Internet para todas as funcións do xogo podería ser un signo da orientación do xogo á competición en liña. Lembremos que Tonny Cannon é o creador do programa para sincronización de partidas online, GGPO.

A comunidade en liña nos xogos de loita está presente é activa, pero unha das cousas que fai único á este colectivo son os ambientes offline que se crean. Doutra banda, esta a cuestión dos periféricos, xa que non podemos saber realmente como xogara a maioría de usuarios nunha plataforma PC. Un bo número de xogadores e competidores xogan con Pad e sen dubida son maioría, pero unha das características dos xogadores da FGC é o seu FightStick. ¿É posible que vexamos dun xeito máis regular xogadores de teclado tal como vemos a algunhas persoas no vídeo? O certo é que non é tan remoto de periféricos específicos como a Hitbox, pero vai ser interesante observar os cambios e reaccións na comunidade ao longo dos próximos anos. Como en todos os aspectos deste eido, aínda é moi pronto para determinar nada, pero é interesante observar as posibilidades que este novo lanzamento pode traer.

Este anuncio é, sen dubida, o comezo dunha nova era dos Fighting Games que, entre as novas propostas anunciados e as aínda por vir coa chegada da nova xeración de consolas, prometen unha explotación do xénero e tamén un cambio para a integración de novos xogadores. Agardamos con moita ansia o que depara este futuro e que se conserve a esencia do que fai a FGC algo tan particular, pero que poidamos compartila con unha nova quenda de xogadores.

  • Vídeo Katarina Vs Darius:

  • Vídeo Katarina Vs Jinx:

Comentarios non permitidos
  1. […] súa existencia xa era sabida, aínda que ofreceu un bo número de datos. En Revista Morcego, o noso especialista en xogos de loita dedicou todo un artigo ás impresións que sacou das imaxes amosadas e do equipo que hai detrás desta experiencia. […]