PS5 terá o catálogo de lanzamento «máis grande da historia» de PlayStation

Despois da súa presentación oficial o pasado xoves, o podcast oficial de PlayStation continuou ofrecendo información sobre a futura máquina de Sony. Dentro deste espazo radiofónico, a compañía confirmou que PlayStation 5 posuirá o catálogo de lanzamento máis grande da súa historia dentro da marca PlayStation. Foi Eric Lempel, director do departamento de márketing, a voz detrás das declaracións.
«Esta é, por moito, a aliñación máis grande que tivemos en toda a historia de PlayStation. Somos afortunados de ter tantos títulos e personaxes tan queridos que a xente creceu cos anos», sinala. «Sorpréndeme o ben que os nosos estudos manexan os prazos de lanzamento de hoxe en día. Puidéronse ver grandes franquías ben establecidas que a xente coñece desde hai anos, como Gran Turismo ou Ratchet and Clank».
Que xogos veremos de saída? De momento, as confirmacións máis notables son as de Marvel’s Spider-Man: Miles Morales e Godfall, malia que é posible que se unan obras como Gran Turismo 7 ou Ratchet and Clank: Rift Apart, que non confirmaron data de estrea durante o evento. E cando chegará PS5? Oficialmente, Sony mantén esa xanela de lanzamentos de «Holidays 2020», é dicir, entre Acción de Grazas e Noitevella.