Actualidade PUBG Report, ou como saber se eliminaches a un famoso

PUBG Report, ou como saber se eliminaches a un famoso

Es xogador de PUBG? Algunha vez quedáchesche coa gana de saber se mataches un streamer famoso de Twitch? É posible, quen sabe. Pois coa aplicación PUBG Report poderás pescudalo.

Un deseñador da comunidade deste battle royale vén de crear unha aplicación que amosa os asasinatos capturados polos streamers. Utiliza os datos do xogo para vinculalos coas eliminacións dos usuarios de Twitch. Todo isto é posible grazas á propia API de PUBG, unha función gratuíta que permite aos deseñadores usar datos das partidas para crear diversas ferramentas e recursos en liña.

Fonte: www.pubg.com

Como usar a aplicación? Basta con introducir o nome de usuario en PUBG Report. Un segundo despois a aplicación amosará se o xogador eliminou (ou foi asasinado) a un streamer ao longo das dúas últimas semanas. A app só funciona en PC e podes acceder dende aquí.

Fonte: www.pubg.com

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.