Actualidade Quake II loce mellor que nunca grazas á tecnoloxía RTX

Quake II loce mellor que nunca grazas á tecnoloxía RTX

Para un xogador que xa exercese como tal nos 90 é difícil non botar algunha partida a Quake II. O mítico título regresa á actualidade grazas a Nvidia. A compañía especializada no desenvolvemento de unidades de procesamento gráfico continúa acudindo a xogos do pasado para outorgarlles unha segunda vida.

O pasado xuño, Quake II xa deu os seus primeiros pasos grazas ás gráficas que soportan RTX. Agora, a versión 1.2 mellora aínda máis a súa calidade gráfica e fai que o título poña as súas mellores pezas visuais. Desde Nvidia explícase que foron actualizadas máis de 400 texturas orixinais, tamén se modificou o renderizado dos metais e aspectos como a auga agora contarán cos seus propios reflexos.

Máis? Máis. Os xogadores poderán ver os chamados God Rays que filtrán algunhas cristaleiras, namentres o axuste denominado Thick Glass engade unha calidade extra aos vidros e a súa iluminación. Se queres coñecer todos os detalles podes ler as notas completas do parche nesta ligazón.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.