Que comece a festa! :: Principais lanzamentos de xaneiro

Que comecen os Xogos da fame! Ben podería ser unha proclama dedicada a estes primeiros meses do ano, polo menos aos fanáticos dos videoxogos. Por diante advírtese un cuadrimestre de gastos tremendo, aínda que de gran expectación: Kingdom Hearts III, Resident Evil 2, Metro Exodus, Anthem, Sekiro, Devil May Cry 5, Dirt Rally 2.0, Crackdown 3, Days Gone, Mortal Kombat II…
Agora ben, vaiamos por partes. Xaneiro acaba de comezar, e por diante quedan catro semanas de estreas. Un inicio do ano ao grande grazas á esperada reevisión do segundo capítulo da saga de zombis, Resident Evil 2, e ao peche dunha época como tal dentro da historia dos videoxogos, ao ser lanzado por fin Kingdom Hearts III.
Con todo, xaneiro terá máis lanzamentos para diferentes plataformas. New Super Mario Bros U Deluxe chegará a Switch en apenas uns días, mentres que Tales of Vesperia: Definitive Edition aterrará tanto en consolas como en PC. Sucaremos o ceo con Ace Combat 7: Skies Unknown, mentres asistimos ao terceiro episodio de The Walking Dead: The Final Season Episode 3 despois da crise de Telltale Games.
Aquí tes a listaxe dos principais lanzamientos deste primeiro mes do ano:
Xogo |
Plataforma | Data de lanzamiento |
Mario & Luigi: Bowser’s Inside Story + Bowser Jr.’s Journey |
3DS |
11 de xaneiro |
New Super Mario Bros U Deluxe |
Switch |
11 de xaneiro |
Tales of Vesperia: Definitive Edition |
PS4, Xbox One, PC, Switch |
11 de xaneiro |
Onimusha: Warlords |
PS4, Xbox One, PC, Switch |
15 de xaneiro |
The Walking Dead: The Final Season Episode 3 |
PS4, Xbox One, PC, Switch |
15 de xaneiro |
YIIK: A Postmodern RPG |
PS4, PC, Switch |
18 de xaneiro |
Ace Combat 7: Skies Unknown |
PS4, Xbox One |
18 de xaneiro |
Travis Strikes Again: No More Heroes |
Switch |
18 de xaneiro |
Resident Evil 2 Remake |
PS4, Xbox One, PC |
25 de xaneiro |
Tropico 6 |
PS4, Xbox One, PC |
25 de xaneiro |
Kingdom Hearts III | PS4, Xbox One |
29 de xaneiro |