Rainbow Six Parasite aparece na PlayStation Network e confirma o cambio de nome (Act)

Rainbow Six Parasite aparece na PlayStation Network e confirma o cambio de nome (Act)

Actualización (16 de febreiro do 2021, ás 17.05 horas)

Semella que tampouco será Parasite o nome escollido pola compañía francesa. Nun comunicado feito nas últimas horas, Ubisoft rechazaría a información filtrada pola tenda de PlayStation.

«Aínda que, recentemente, compartimos que cambiariamos o nome de Rainbow Six Quarantine, ‘Parasite‘ é só un marcador de posición (ou placeholder) que usan os nosos equipos internos. Hai pouco, realizamos unha proba interna do xogo e algúns dos seus detalles fixéronse públicos. Podemos confirmar que este é un adianto do próximo xogo, e pronto compartiremos máis detalles, incluído o nome oficial», asegurou un portavoz de Ubisoft hai unhas horas ao portal PCGamesN.

_________________________________

A pandemia provocou que Ubisoft decidise non seguir adiante co nome Rainbow Six Quarantine. Non procede. Tocaba cambiar o nome da nova marca e evitar situacións incómodas paralelas á actualidade.

Apó este intre, e logo de aparecer varias imaxes na PlayStation Network, o nome oficial de Rainbow Six Quarantine pasa a ser Rainbow Six Parasite. Aínda non hai anuncio oficial da compañía francesa, que tamén deberá confirmar o parche de lanzamento que xa está listo segundo o sinalado na tenda de Sony, o que leva a pensar nun lanzamento inminente, case sorpresa.

Segundo a información oficial, a idea era lanzar o título nalgún momento entre abril e setembro, pero podería ser que fose máis o primeiro mes que o segundo, seguindo esta nova información. Parasite apostará pola acción cooperativa, malia que dentro dun estilo máis Left 4 Dead que Siege, por exemplo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados