Ramón Méndez afondará no universo de The Witcher no seu novo libro
Os editorial Héroes de Papel presentou un novo libro baseado no universo de The Witcher, escrito e ideado polo ourensán Ramón Méndez, tradutor, escritor e xornalista, ligado de xeito profesional tamén ás aventuras de Geralt de Rivia, ao ser reesponsábel directo da súa localización ao castelán. O libro verá a luz o próximo 26 de setembro xunto a unha edición especial con varios extras. Leva por título: O legado do lobo branco. O universo de Geralt de Rivia e a saga The Witcher.
«Son plenamente consciente de que se escribiu moito sobre este universo e hai obras xa no mercado que son excelentes a nivel de compendios e similares. Pero este libro non vai de todo iso, senón que complementa calquera outra obra do mercado, que foi referencia da que partir», explica o propio autor nas súas redes sociais. «Levo tempo traballando ao redor da figura de Geralt, xa sexa a nivel académico, prensa ou como tradutor. Hai 12 anos que me mergullei neste universo e, nese tempo, coñecino moi a fondo e tiven oportunidades de profundar no tema que quería compartir co mundo».
O libro estará estruturado en dúas partes ben diferenciadas. A primeira, na que se realizará unha análise do seu universo a partir dalgunhas das criaturas presentes nas novelas e os videoxogos, onde se relatan as súas orixes e raíces populares, así como a evolución e a psique dos personaxes. Na segunda parte, repasásese todo o que supón a recreación virtual do universo literario de Geralt de Rivia: as decisións de deseño, como xurdiu CD Projekt RED, os intentos de xogo que fracasaron, etcétera.
Por suposto, a publicación estará apoiada en diversas fontes, tales como entrevistas dos responsábeis do estudio polaco e unha enorme documentación ao redor da lingua polaca. O prólogo foi escrito por JoséMaríaFaraldo, tradutor das novelas de Sapkowski, profesor da Universidade Complutense de Madrid e experto académico en cultura polaca.