Actualidade Red Dead Online, os vaqueiros terán multixogador

Red Dead Online, os vaqueiros terán multixogador

Confirmado e anunciado xa por Rockstar Games. Con cada copia de Red Dead Redemption 2, nas tendas o 26 de outubro para PS4 e Xbox One, o comprador tamén se fará co Red Dead Online.

Cun Grand Theft Auto Online aínda en activo e cun éxito tremendo, Rockstar teno claro, e o seu xogo ambientando no salvaxe oeste terá un modo multixogador no que pasar horas e horas con amigos e descoñecidos, funcionando como unha expansión directa ao que se viva no título principal.

O anunciou chegou onte a través dun comunicado na súa web oficial, e explicaba que tratarán de combinar a narración coa competición e a cooperación. Así, todo o que se poida facer en Red Dead Redemption 2, parece que tamén se poderá levar a cabo neste modo en liña, permitindo aos xogadores cometer asaltos en compañía ou simplemente percorrer o enorme mapa. O proxecto non parece un mero engadido de última hora, e a compañía norteamericana anunciou a implantación de contidos progresivamente.

Se es un usuario activo en Grand Theft Auto Online non te preocupes, xa que Imran Sarwar, director de deseño de Rockstar San Diego asegura que seguirán traballando con el, e que as actualizacións seguirán chegando coma sempre, á espera de que os fans de ambos xogos poidan pasar un tempo nun e un tempo noutro, sen máis. “Agardamos un público preparado para algo completamente novo“, comentou nunha recente entrevista.

Red Dead Online será unha realidade en novembro de 2018 a través dunha beta pública. Atinade cos revólveres.

 

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

3Comentarios
    • Pastel de carne
    • En: 20 de Setembro de 2018

    Coma teñan o mesmo sistema anti-hacks no Red Dead que o que teñen no GTA Online, imos bos…

    Responder
    • Breogamer
    • En: 21 de Setembro de 2018

    Eu tamen espero que non haia erros nese sentido e non se poidan facer trampas no xogo, pero este RDR ten moi boa pinta. Eu tenholle moitas ganhas.

    Responder
      • Pastel de carne
      • En: 22 de Setembro de 2018

      Se o GTA V tiña moi boa pinta e soubo ser un gran xogo! Tamén o GTA online é un gran xogo, o face´lo bestia cos amigos polas colinas do mapa é xenial, e algunhas misións son perfectas, o problema e que ó haber tanto hacker, non ten sentido loitar por ter unha cantidade X de diñeiro para comprar un avión dourado, cando hai centos de persoas conducindo o mesmo avión só facendo trampas… Espero que dende Rockstar poñan un mínimo de interese por manter o online limpo. 🙂

      Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *