Red Dead Online poderá ser mercado fóra do xogo orixinal

Red Dead Online poderá ser mercado fóra do xogo orixinal

Decisión interesante a que decidiu tomar Rockstar para Red Dead Online. O modo en liña, ou a parte multixogador de Red Dead Redemption 2, pasará a ser un xogo de seu a partir da vindeira semana.

Por suposto, a compañía non o venderá polo prezo total, senón que o ofrecerá de forma independente por 19,99 dólares. Iso si, ata o 15 de febreiro do 2021 gozará dun desconto do 75 %, deixándoo nuns suculentos 4,99 dólares.

O pack de inicio, que dará acceso a todas as actualizacións futuras, estará dispoñible en PC —na Epic Game Store, en Steam e na tenda de Rockstar—, PSN e Microsoft Store; pero tamén poderá ser xogado en PS5 e Series X|S. O seu tamaño roldará os 123 GB no disco duro.

O mesmo día do seu lanzamento, o 1 de decembro, tamén chegará a expansión da clase Cazarrecompensa.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.